ISBN: 978-84-9995-167-6
Co obxectivo posto na expresión oral, fixemos fincapé na necesidade de que o alumnado teña modelos de fala adecuados e poida poñer en práctica a súa lingua dentro da aula. A realidade sociolingüística de cada centro determinará a atención que o profesorado deberá dedicar a este bloque, para que o alumnado poida cumprir adecuadamente cos estándares de aprendizaxe, o que nos motivou a engadir máis recursos web que axuden nesta tarefa.
O libro estrutúrase en 12 unidades de 18 páxinas, para que sexa viábel traballalo nun curso escolar, deixando marxe para o reforzo. Cada unidade consta dos seguintes apartados: Lectura, Expresión escrita, Léxico, Gramática, Expresión oral, Ortografía, Literatura e Técnicas de traballo (unidades pares) / Lingua e sociedade (unidades impares). No final, recóllese un bloque de Reforzo de competencias e Autoavaliación de contidos e de destrezas.
Cada caderno féchase cun Apéndice gramatical, unha Ficha de lectura e un Proxecto trimestral.
Este manual de Lingua Galega e Literatra para o 2º curso de ESO está dividido en doce unidades.
Empeza cunha Lectura de tipoloxía variada, que permite traballar a compresión. Serve, á vez, como desculpa para a Expresión escrita e a necesaria reflexión sobre o Léxico.
Deseguido, nos apartados de Gramática e de Ortografía profundízase no código lingüístico para ser quen de utilizalo correctamente, non como un fin en si mesmo, o que se pon en práctica coa Expresión oral.
Os apartados de Literatura e Lingua e Sociolingüística axudan a formar lectoras e lectores competentes e capaces de superar os prexuízos lingüísticos.
Compléméntanse algunhas unidades con Técnicas de traballo, fundamentais para unha correcta comunicación e uso da lingua
ISBN: 978-84-9995-168-3
O libro estrutúrase en 12 unidades de 24 páxinas, para que sexa viábel traballalo nun curso escolar, deixando marxe para o reforzo. Cada unidade consta dos seguintes apartados: Lectura, Expresión oral, Lingua e texto, Léxico, Gramática, Ortografía, Lingua e sociedade e Literatura. No final, recóllese un bloque de Reforzo de competencias.
Cada caderno féchase cun Apéndice gramatical.
O libro de Lingua e Literatura Galega 4º ESO, malia compartir as características xerais dos anteriores, presenta lixeiras modificacións para adaptarse ás especifidades do curso, a medio camiño entre a ESO e o Bacharelato; preténdese tamén que sirva de axuda para preparar ao alumnado para as probas de avaliación de fin de Ciclo.
É por iso que se organiza en 15 unidades e non en 12 como os anteriores, cos contidos de Literatura agrupados nas unidades 13, 14 e 15 (principios do século XX, posguerra e literatura actual) á fin de, por un lado, facilitar a explicación das relacións entre correntes e autores/as e, por outro, permitir unha mellor comprensión da evolución da literatura galega contemporánea. O obxectivo fundamental é promover no alumnado a visión da literatura como sistema e non como listaxe de obras, etapas e autores/as aillados/as.
ISBN: 978-84-9995-169-0
Incorporamos as modificacións necesarias para que o libro do alumnado de 1.º de Bacharelato se adapte á nova regulamentación pero, sobre todo, informamos da total renovación da programación e incorporación de novos recursos electrónicos.
Ao igual que ocorre en Secundaria, a nosa proposta editorial atende os cinco bloques que prescribe o borrador do currículo, a saber:
Bloque 1. Comunicación oral.
Bloque 2. Comunicación escrita.
Bloque 3. Funcionamento da lingua.
Bloque 4. Lingua e sociedade.
Bloque 5. Educación literaria.
Sendo os dous primeiros fundamentais e clave en todo o ensino regulamentado, aínda que explicitados en maior medida na propia materia, conscientes de que non son útiles se se tratan de forma illada, como o currículo recomenda, senón conexionados e abordados desde unha óptica competencial.
Os contidos do presente libro diferéncianse en nove bloques, a cada un dos cales, para a súa mellor e máis rápida identificación, asignamos unha cor: Fonética e Fonoloxía, Gramática do texto, Historia da lingua, Lexicoloxía, Lingua e sociedade, Literatura, Reforzo gramatical, Semántica e Sintaxe.