ISBN: 978-84-9995-000-6
Entendemos que o proxecto de Sociais 1º existente segue vixente, malia sobrarlle a unidade final, da que se pode prescindir. Debe ser traballado, como calquera dos textos novos que se presenten, coas modificacións metodolóxicas que atendan á avaliación segundo estándares de aprendizaxe, o que non suporá dificultade a maiores, pois o especificaremos mediante a programación na web na que se informará tamén dos obxectivos por competencias.
Do que si informamos é da necesidade de complementar o libro de 2º ESO, malia non poder cambialo por normativa legal, cos recursos que lles permitan acadar os estándares de aprendizaxe ao remate da ESO, que iremos incorporando nesta Aula Virtual.
O proxecto de Xeografía e Historia de 2º ESO está totalmente renovado para adaptarse ao novo currículo, modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado. Estas modificacións concrétanse en:
Unidades novas adaptadas ao currículo, pero presentadas seguindo a proposta didáctica da autoría e non como compartimentos estancos.
Cambio nos proxectos web, máis centrados no uso para pizarra dixital.
Modifícanse as programacións, en consonancia cos cambios.
Modifícanse os materiais complementarios, de reforzo e ampliación.
Libro do alumnado para pizarra dixital.
ISBN: 978-84-9995-170-6
O proxecto de Xeografía e Historia de 3º ESO está totalmente renovado para adpatarse ao novo currículo, modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado. Estas modificacións concrétanse en:
• Cambio no número de unidades; pasamos de 9 a 12, por coherencia de Ciclo e de contido da materia.
• Unidades novas adaptadas ao currículo, pero presentadas seguindo a proposta didáctica da autoría e non como compartimentos estancos.
• Cambio nos proxectos web, máis centrados no uso para pizarra dixital.
• Modifícanse as programacións, en consonacia cos cambios.
• Modifícanse os materiais complementarios, de reforzo e ampliación.
• Libro do alumnado para pizarra dixital.
Podes visualizar unha unidade nova neste espazo.
O libro de Xeografía e Historia de 4º ESO organízase unicamente en 9 unidades nas que, sen deixarmos de atender a aprendizaxe por competencias, cobra maior peso a carga conceptual, ao tratarse dun curso a medio camiñño entre ESO e Bacharelato e que prepara para as probas de obtención do título correspondente.
ISBN: 978-84-9995-036-5
O noso proxecto, elaborado por Xosé Alfeirán e Ana Romero Masiá, segue gozando de total validez e interese para o traballo nas aulas, coas necesarias adaptacións históricas e modificacións na programación.
Como novidades destacadas, contaremos co libro para pizarra dixital neste curso, ademais de recursos variados nesta Aula Virtual e, destacamos pola súa utilidade, a incorporación dunha nova proposta de programación en función dos estándares de aprendizaxe.
A finalidade do material deste libro é proporcionar ao profesorado unha serie de modelos para traballar nas aulas con cine comercial destinado ao gran público (non o documental nin o de proxeccións dedicadas a minorías). Trátase de presentar diversas opcións e posibilidades de utilización do cine como fonte de información de carácter histórico e, como tal, analizalo e comentalo nas aulas.
NOVAS DEFINICIÓNS DOS TERMOS REVISADAS PARA ADAPTARSE AOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN DAS ABAU
No deseño do Bacharelato de Galicia, a materia de Historia pretende achegar ao alumnado ao estudo dos feitos e procesos históricos que configuran o Estado español, cun nivel de profundización que lle permita coñecer os seus trazos máis significativos.
Tendo en conta o obxectivo básico, os autores defenden un modelo explicativo do cambio histórico de carácter global e dialéctico, baseado na distinción de diferentes sistemas configurados por uns trazos sociais, políticos e económicos, culturais e ideolóxicos específicos, que se desenvolven nun período de tempo determinado pero que, pola súa propia evolución e pola actuación dos individuos e grupos sociais que o compoñen, cambia, tras un proceso máis ou menos longo de crise, cara a outro novo e claramente diferenciado do anterior.
O conxunto de documentos que se propoñen nesta publicación -308 en total, entre textos, mapas, gráficas, imaxes, fragmentos literarios- pretenden facilitar o coñecemento de primeira man dalgún dos aspectos máis destacados da historia de España.
Partindo da idea de que o traballo con documentos históricos debe ser práctica habitual nas clases de historia, elaboráronse estes materiais pensados especialmente a facilitar o adestramento na técnica de comentario de textos históricos.