ISBN: 978-84-9995-164-5
O proxecto, realizado por profesorado do Seminario Galego de Educación para a Paz está avalado por Federico Mayor Zaragoza e segue estritamente o currículo. Así, estrutúrase en 6 unidades coincidentes cos bloques temáticos do mesmo, que son:
1. A dignidade da persoa.
2. A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais.
3. A xustiza e a política.
4. A reflexión ética.
5. Os valores éticos, o dereito e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
6. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía.
Hai actividades de diversa tipoloxía, que non teñen por que ser realizadas todas, senón que se elixen unhas ou outras en función do grupo; tampouco a orde é determinante, pero si a busca de "aprender a ser".
ISBN:978-84-9995-165-2
Proxecto orientado de forma clara á consecución das competencias clave xerais da ESO, ademais das propias da materia. Destacamos o enfoque, centrado en dotar ao alumnado dos instrumentos de racionalidade e obxectividade precisos para que o seus xuízos valorativos teñan o rigor e coherencia que lles permitan facer eleccións dignas de guiar a súa conduta, vida persoal e relacións sociais.
A estrutura dos temas permite traballalos de múltiples formas e con varios enfoques metodolóxicos, o que favorece a adecuación á diversidade de estilos de traballo e necesidades de cada centro.
Federico Mayor Zaragoza avala o traballo do Seminario Galego de Educación para a Paz por, según as súas palabras, "... contribuír á educación crave do futuro: aprender a ser".