ISBN: 978-84-9995-166-9
Manual que atende á necesidade de ter un texto que actúe como motor do pensamento filosófico. Non é por tanto, un mero relatorio de pensadores e ideas, aínda que os inclúe.
O libro estrutúrase en 12 temas que se corresponden coa proposta curricular LOMCE, organizados así:
1. Unhas primeiras páxinas de recoñecemento de ideas e preconceptos acompañados dunhas cuestións para resolver e filosofemas, así como textos e obras de arte para comentar.
2. No tronco do tema presentamos os conceptos con pequenos textos á marxe para pensar, así como chamadas á selección de textos e recursos na web; e complétase cun cuestionario de afianzamento de ideas.
3. Finalmente, inclúese un apartado de actividades e aplicacións útiles (competencias) e unha biografía e suxerencias web ou películas.