Os contidos do texto organízanse en oito temas. Nos Temas 1 e 2 trabállanse o segundo bloque do Currículo: ‘Orixe e evolución dos compoñentes do Universo’. Os Temas 3, 4, 5 e 6 correspóndense co terceiro bloque: ‘Reaccións químicas’. O Tema 7 trata o cuarto bloque: ‘Síntese orgánica e novos materiais’. Ademais engádese o Tema 0 como repaso dalgúns aspecto fundamentais que se estudaron no Primeiro curso de Bahcarelato, por considerar que pode ser necesaria a súa revisión como punto de partida ou para a preparación da Avaliación Final de Bacharelato.
O texto de Física que segue a continuación, dirixido ao alumnado de Segundo de Bacharelato, resulta do traballo e experiencia impartindo a materia ao longo dos anos, con sucesivas modificacións do currículo, algunha lei educativa e tamén os lóxicos cambios na realidade dos centros educativos galegos, parellos ao cambio social.
Modificacións que tamén obrigan a adaptar a forma de presentar a materia, mais sempre buscando a aprendizaxe significativa que favoreza o desenvolvemento profesional futuro.