-
Conseguín ver o libro, pero fixen unha copia noutro lapis e non funciona. Como pode ser?
-
O libro só vai funcionar no lapis de memoria no que o abres por primeira vez, e desde o que introduces
o código de activación.
-
Deixoume un compañeiro o seu código e, ao metelo, dime que non é válido! Como pode funcionarlle a el?
-
Os códigos de activación son dun só uso. Se xa o utilizou un compañeiro teu, ti non vas poder empregalo.
Pídelle o teu ao profesor ou profesora.
-
Ao tratar de introducir o meu código, dime que hai un problema accedendo á rede. Preciso Internet
para ver o libro?
-
Efectivamente, significa que precisas Internet pero só para abrilo por primeira vez e introducir o teu
código de activación. Logo xa o poderás empregar sen necesidade de estar conectado.
-
Podo empregar o libro para sempre?
-
Non. O código que che deu o teu profesor ou profesora é só para o curso actual. Cando abras o libro,
poderás ver na súa información (premendo no botón coa letra "i") a data de caducidade a partir da cal
non poderás volver abrilo.
-
Teño Linux e non dou aberto o libro. Que fago mal?
-
Polo xeral, para abrir o libro é suficiente con facer dobre "click" sobre o ficheiro .jar.
Nalgunhas instalacións Linux, é posible que o libro non se abra deste xeito. Nese caso, comproba que o
libro ten permisos de execución (premendo co botón dereito sobre o libro > "Propiedades" > "Permisos").
Se aínda así non consegues abrilo, proba a indicarlle o programa co que debe abrilo, premendo co botón
dereito sobre o libro e escollendo a opción "Abrir con Sun Java Runtime". Se premendo co botón dereito
non tes a opción de abrilo con Java, preme en "Abrir con outro aplicativo...", e logo en "Use unha orde
personalizada". Na caixa que se che abre escribe "java -jar" (sen as comiñas) e preme no botón "Abrir".
-
Seguín os pasos da resposta anterior e conseguín abrir o libro. Teño que facer todo isto cada vez que
o queira volver abrir?
-
Non. Podes configurar o teu sistema para que se abra o libro directamente ao facer dobre "click" nel.
Para iso, preme sobre o ficheiro .jar do libro co botón dereito e logo en "Propiedades". Preme agora na lapela
"Abrir con" e logo no botón "Engadir". Na ventá que che aparece, preme en "Use unha orde personalizada",
escribe "java -jar" (sen comiñas), preme no botón "Engadir" e na ventá que che aparece agora terás a opción
de seleccionar "java". Faino, e preme no botón "Pechar". A partir de agora xa poderás abrir o libro
simplemente facendo dobre "click" sobre el.
-
Cando introduzo o código de activación o programa dime que non é posible completar o proceso de rexistro no
meu computador. Que ocorre?
-
O máis probable é que esteas a usar unha versión antiga dun sistema operativo para a que non hai soporte. Os
sistemas operativos admitidos son Windows XP ou posterior, Linux e Mac OS X.
-
Xa introducín o meu código e estou a ver o libro. Teño que gardar o código?
-
En principio, non é necesario. Así e todo, é recomendable que non o perdas. Se, por exemplo, borras
sen querer o contido do teu lapis de memoria poderás volver copiar o libro nel e empregar o mesmo
código de activación para abrilo.
-
Perdín o lapis de memoria pero teño o código de activación. Podo empregar o código para abrir o
libro desde outro lapis?
-
Non. Se xa empregaches o código nun lapis de memoria xa non podes empregalo noutro. Terás que pedirlle
un novo código ao profesor ou profesora.
-
Teño un arquivo chamado ".baia.dat" no meu lapis de memoria e non sei o que é. Podo borralo?
-
Non. É un arquivo moi importante para que o libro funcione. Non podes borralo nin movelo da carpeta
onde está o libro. Se o fas, volveráseche pedir que introduzas o teu código de activación ao abrir
o libro.
-
Intento abrir o libro e dime que o reloxo non está en hora, pero si o está! Que fago?
-
Ademais da hora, tamén terás que ter a data correcta. Comproba que é así.
-
Son un profesor dun centro educativo e non podo ver o material do profesorado. A que é debido?
-
Para poder acceder ao material do profesorado debes rexistrarte no botón Rexístrate e
indicar no teu rexistro que es "Docente" e o centro educativo no que impartes clases. A partir dese momento
poderás acceder a todo o material do profesorado das materias que se imparten en dito centro.
-
Por que non podo ver todos os materiais do profesorado?
-
Soamente poderás descargar os materiais dos libros de texto de que dispoña dito centro educativo.